Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018
Imagen
ENERXÍAS RENOVABLES Durante este curso os alumnos de 3º ESO PMAR estiveron a traballar no ámbito científico- tecnolóxico nas enerxías renovables, convídovos a ver as súas presentacións.
Imagen

Excursión a Celanova.

Despois de dúas horas de bus, chegamos á Alameda de Celanova, dende ahí fumos ata a Praza Maior da vila para visitar o Mosteiro de San Salvador, un importante centro de culto relixioso que alberga o instituto de Celanova. Cruzamos o mosteiro de arte barroco para chegar á Capela de San Miguel, unha demostración única en Galicia de arte mozárabe, detrás da capela podemos observar unha enorme pedra cun surco triangular nun dos seus lados que os castrexos empregaban para realizar cultos á Lúa e ao Sol como sacrificios animais e ofrendas. Despois regresamos ao mosteiro para subir á igrexa que hai no seu interior, unha clara demostración do excéntrico estilo barroco, alí subimos á zona do coro alto para recibir un inesquecible concerto de órgano e aprender un pouco máis sobre este fascinante e primitivo instrumento creado na antiga Grecia e denominado hidraulos ; no concerto a organista intepretou cancions de peliculas como "Piratas do Caribe" ou de artistas do século XVII como Ba
CELANOVA O 22 de maio, os alumnos de 3ºESO do instituto de Terra de Trasancos fixemos unha excursión a Celanova, na provinvia de Ourense. Ao chegar á cidade, visitamos o mosteiro de San Salvador. Alí encontrábase a Capela de San Miguel, de arte mozárabe e construída por San Rosendo na honra do seu irmán Froilá. Ao seu lado atopábase unha rocha onde se facían cultos pagáns na sociedade prerromana. Logo acudimos á iglesia, na cal nos interpretaron cancións co órgano e nos ensinaron a súa construcción e historia. Máis tarde visitamos a casa de Curros Enríquez, alí mostraronnos a vivenda por dentro ( que tiña a estructura dunha casa tradicional galega), e tamén aprendimos algo da súa biografía, como que marchou da casa con quince anos porque tiña unha relación moi difícil co seu pai. Á hora de xantar fomos á praza maior, e despois desplazámonos cara Vilanova dos Infantes. Neste pequeno pobo con pasado medieval visitamos a Torre de Homenaxe dun antigo castelo e tamé

Saída ao cementerio de San Amaro,Real Academia Galega e a exposición de Pablo Genovés e Lita Cabellut

SAÍDA Á CORUÑA O nove de xaneiro fomos de excursión á cidade de A Coruña e fixemos moitas visitas a diferentes lugares. Un deles foi o cemiterio de San Amaro, alí estivemos unha hora camiñando entre as tumbas e recoñecendo as lápidas de coñecidos que se encontran alí, como Manuel Murguía. Para mín, non é moi agradable visitar un sitio así, pero pareceume interesante facer unha actividade diferente e coñecer grandes persoas que foron importantes, xa que vimos pintores,escritores... Logo fomos andando á Real Academia Galega un lugar onde se pode aprender moitas cousas. Aínda que non tivemos moito tempo para coñecer todo, o que nos explicaron foi interesante. Despois fomos en bus ao Museo de arte Contemporánea da Coruña e alí descansamos un pouco e almorzamos. Ao rematar de almorzar comenzamos a ver as exposicións de Lita Cabellut e Pablo Genovés, que para min foi o máis divertido e o que máis me gustou da excursión, xa que me encanta a arte e ademais, grazas aos titor

EXCURSIÓN A CORUÑA 3º ESO

Imagen
O pasado 10 de xaneiro de 2018, os alumnos de terceiro de ESO e algúns de cuarto fumos de visita a Coruña. O primeiro lugar que visitamos foi o cemiterio de San Amaro, un dos cemiterios máis importantes de toda Galicia. Nel encóntranse máis de douscentos personaxes ilustres, como Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Conchita Ruiz Picasso, etc. e as datas van dende 1805 ata os nosos días. Unha das tumbas que máis me chamou a atención foi a de Juan Darriba Fernández, un rapaz que aos once anos salvou a unha muller de ser afogada padecendo el no acto. A súa lápida ten orde de non ser movida do lugar onde se encontra. Despois do cemiterio, fumos a RAG (Real Academia Galega) no cal dividíronnos en dous grupos e se nos asinou un guía a cada un. O guía que lle tocou ao meu grupo contounos cousas moi interesantes aunque o tempo se lle quedou curto e non lle chegou para rematar a visita. Fumos a xantar no MAC (Museo de Arte Contemporáneo) e despois emprendimos a visita ao

Saída a Coruña IgnacioGC

Imagen
SAÍDA Á CORUÑA O día 9 de xaneiro fumos de excursión a pasar a mañá e a tarde á cidade de A Coruña, na que visitamos diversos lugares ao longo do día: o Cemiterio de San Amaro, a Real Academia Galega (RAG) e o Museo de Arte Compemporaneo (MAC). A primeira visita foi ao cemiterio, non me gustou moito, a pesar de que ir a visitar un lugar no que estan soterradas persoas ilustres é interesante, mais o non avanzar nada dentro do cemiterio non me gustou e o peor foi molestar ás persoas que tiñan familiares soterrados alí polo ruido que facíamos non deixa con bon sabor de boca. Despois foramos á RAG, sinceramente o peor, era a parte na que non tiña moito interese e ademais o feito de que nos trataran como nenos pequenos non axudou para nada a miña experiencia. Ao menos, agora coñezo mellor a persoas importantes defensores do galego como Mannuel Murguía. Por último pasamos polo MAC, o mellor na miña opinión. Nel viramos dúas exposicións, unha sobre Pablo Genovés, e outra sobre Lita

EXCURSIÓN A CELANOVA

Imagen
EXCURSIÓN A CELANOVA O pasado martes 22 de maio os alumnos de 3º da ESO do IES Terra de Trasancos fixemos una visita a Celanova, na provincia de Ourense. Ao chegar, exploramos pola nosa conta a Plaza Maior. Tras pasar un rato, visitamos o mosteiro de San Salvador. Alí puidemos ver a capela de San Miguel, una capela de uso individual que leva en pé dende o século X. Esta foi fundada por San Rosendo en honor ao seu irmá. Ao seu carón puidemos ver una rocha xigante, usada para cultos pagáns dos pobos prerromanos. Tras a visita á capela, visitamos a igrexia e fixemos actividades cun órgano, ademáis de aprender as súas partes e o seu funcionamento. Logo, camiñamos uns metros ata a Casa de Curros. Alí introducironnos un pouco na súa vida, puidemos ver alguns exemplares dos seus libros e algunas cartas escritas por el, ademáis, ensináronnos un video en honor a un poema seu. Á saída  tivemos un tempo para xantar e descansar, no que dedicámosnos a dar un paseo pola vila. Nese traxecto , pu