Saída a Coruña IgnacioGC






SAÍDA Á CORUÑA

O día 9 de xaneiro fumos de excursión a pasar a mañá e a tarde á cidade de A Coruña, na que visitamos diversos lugares ao longo do día: o Cemiterio de San Amaro, a Real Academia Galega (RAG) e o Museo de Arte Compemporaneo (MAC).
A primeira visita foi ao cemiterio, non me gustou moito, a pesar de que ir a visitar un lugar no que estan soterradas persoas ilustres é interesante, mais o non avanzar nada dentro do cemiterio non me gustou e o peor foi molestar ás persoas que tiñan familiares soterrados alí polo ruido que facíamos non deixa con bon sabor de boca.
Despois foramos á RAG, sinceramente o peor, era a parte na que non tiña moito interese e ademais o feito de que nos trataran como nenos pequenos non axudou para nada a miña experiencia. Ao menos, agora coñezo mellor a persoas importantes defensores do galego como Mannuel Murguía.
Por último pasamos polo MAC, o mellor na miña opinión. Nel viramos dúas exposicións, unha sobre Pablo Genovés, e outra sobre Lita Cabellut, gustoume mais a de Lita porque ela chegara a esa vida de artista dende onde empezou con problemas mentres que Pablo o tiña todo pois o seu pai tamén é artista recoñecido. Alí a información que daba o quía chegaba facilmente e de forma clara polo que se aprendia moito dos artistas.

 







Ignacio Gómez Carro

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN