CELANOVA



O 22 de maio, os alumnos de 3ºESO do instituto de Terra de Trasancos fixemos unha excursión a Celanova, na provinvia de Ourense.

Ao chegar á cidade, visitamos o mosteiro de San Salvador. Alí encontrábase a Capela de San Miguel, de arte mozárabe e construída por San Rosendo na honra do seu irmán Froilá. Ao seu lado atopábase unha rocha onde se facían cultos pagáns na sociedade prerromana. Logo acudimos á iglesia, na cal nos interpretaron cancións co órgano e nos ensinaron a súa construcción e historia.

Máis tarde visitamos a casa de Curros Enríquez, alí mostraronnos a vivenda por dentro ( que tiña a estructura dunha casa tradicional galega), e tamén aprendimos algo da súa biografía, como que marchou da casa con quince anos porque tiña unha relación moi difícil co seu pai.

Á hora de xantar fomos á praza maior, e despois desplazámonos cara Vilanova dos Infantes. Neste pequeno pobo con pasado medieval visitamos a Torre de Homenaxe dun antigo castelo e tamén unha exposición sobre zapateiros do lugar e a cova de San Vivián. E como non tiñamos máis tempo, subimos ao autobus e comezamos a nosa vaixe cara Narón.





SARA MIRAGAYA GONZÁLEZ

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN