Saída ao cementerio de San Amaro,Real Academia Galega e a exposición de Pablo Genovés e Lita Cabellut



SAÍDA Á CORUÑA


O nove de xaneiro fomos de excursión á cidade de A Coruña e fixemos moitas visitas a diferentes lugares.

Un deles foi o cemiterio de San Amaro, alí estivemos unha hora camiñando entre as tumbas e recoñecendo as lápidas de coñecidos que se encontran alí, como Manuel Murguía. Para mín, non é moi agradable visitar un sitio así, pero pareceume interesante facer unha actividade diferente e coñecer grandes persoas que foron importantes, xa que vimos pintores,escritores...

Logo fomos andando á Real Academia Galega un lugar onde se pode aprender moitas cousas. Aínda que non tivemos moito tempo para coñecer todo, o que nos explicaron foi interesante.

Despois fomos en bus ao Museo de arte Contemporánea da Coruña e alí descansamos un pouco e almorzamos.

Ao rematar de almorzar comenzamos a ver as exposicións de Lita Cabellut e Pablo Genovés, que para min foi o máis divertido e o que máis me gustou da excursión, xa que me encanta a arte e ademais, grazas aos titores do museo tivemos ampla información do que estabamos a ver.

Finalmente, ás cinco subimos ao bus e regresamos ao instituto. Terminamos bastante cansos, pero fixemos algo diferente e aprendimos moitas cousas.



SARA MIRAGAYA GONZÁLEZ   

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN