EXCURSIÓN A CELANOVA


EXCURSIÓN A CELANOVA



O pasado martes 22 de maio os alumnos de 3º da ESO do IES Terra de Trasancos fixemos una visita a Celanova, na provincia de Ourense. Ao chegar, exploramos pola nosa conta a Plaza Maior. Tras pasar un rato, visitamos o mosteiro de San Salvador. Alí puidemos ver a capela de San Miguel, una capela de uso individual que leva en pé dende o século X. Esta foi fundada por San Rosendo en honor ao seu irmá. Ao seu carón puidemos ver una rocha xigante, usada para cultos pagáns dos pobos prerromanos. Tras a visita á capela, visitamos a igrexia e fixemos actividades cun órgano, ademáis de aprender as súas partes e o seu funcionamento. Logo, camiñamos uns metros ata a Casa de Curros. Alí introducironnos un pouco na súa vida, puidemos ver alguns exemplares dos seus libros e algunas cartas escritas por el, ademáis, ensináronnos un video en honor a un poema seu. Á saída  tivemos un tempo para xantar e descansar, no que dedicámosnos a dar un paseo pola vila. Nese traxecto , puidemos observar varias estatuas; como a de Curros , mirando con xeito despectivo á igrexia ou a de Celso Emilio Ferreiro, á saida do mosteiro. Algúns alumnos fumos visitar a biblioteca do mosteiro, que se encontra dentro dun instituto de secundaria. Desgraciadamente, non puidemos vela debido a que estaba cerrada por avaliación. Finalmente, collimos o bus e dirixímonos ata Vilanova dos infantes. Alí puidemos visitar a Torre de Homenaxe, a única arquitectura da Idade Media que sigue en pé. Ademáis, visitamos una exposición de zapateiros antigos e una cova utilizada como pasadizo na Idade Media e, como despensa do pobo nas épocas posteriores.
Esta excursión gustoume moitoxa que aprendimos moito sobre Curros e a situación do pobo nesa época. Persoalmente convídoos a visitar Celanova, é una vila preciosa e podes aprender moito.

 
 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN