GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN


VÍDEO: A MANSIÓN DOS PAMPÍN
                   CAPÍTULOS  I - II
ESCENA 1(INTERIOR CASA DOS PAMPÍN) OLLO COA ILUMINACIÓN!
Salón da casa dos Pampín (o matrimonio conversa mentres se amaña para ir ao notario)
1. PRIMEIRO PLANO (pode ser nun espello) de Concha e Indalecio amañándose e falando (isto xa o pensarei…)
-Concha:  A ver!  Estades listos dunha vez? Non quero que fagamos esperar o notario!
-Voz dos fillos: xa imooosssss…
-Indalecio: Pensas que debería poner a gravata negra en sinal de respecto pola tía Isolina…?
Concha: Mira, fai o que che pete. Nenooos!
-Concha (poñendo os pendentes ou amañándose): Ti cres que virá a túa curmá Amalia? Como sempre renegou da familia, moito me estrañaría que a tía Isolina lle deixase algo.
-Indalecio: Pois non o sei, xa o veremos...
ESCENA 2(INTERIOR DO CONCELLO)
1.PLANO DETALLE DUNHA MAN TIMBRANDO
2.PRIMEIRO PLANO DO SECRETARIO
Secretario: Bom día.Pasen, o Sr. Notario agarda por vostedes.
3.PLANO XERAL DE INDALECIO, CONCHA E AMALIA ATENTOS
4.PRIMEIRO PLANO DO NOTARIO
Notario: Vou dar lectura ás derradeiras vontades de Dona Isolina Pampín Brea. Quedan establecidos dous lotes, o principal, coa totalidade das propiedades no municipio de Antelo, e osegundo, as adquisicións feitas por ela nos últimos anos, Dona Isolina decide outorgar a D. Indalecio Pampín a opción preferente para escoller o lote que el desexe
5.PRIMEIRO PLANO DE INDALECIO
       INDALECIO: Pois….Quedo co primeiro lote; razóns  sentimentais.

6.PRIMEIRO PLANO DO NOTARIO
Notario: Ben, pois feita a escolla, pasan a ser propiedade de Don Indalecio Pampín, a casa familiar  coa finca e quedan, por tanto, para Dona Amalia Pampín os cinco pisos e as sete prazas de garaxe que Dona Isolina posuía nesta cidade. Dou fe. Listo!
7.PLANO DOS TRES, AMALIA SURRINDO(MALICIOSAMENTE?) mentras Concha di con cara de incredulidade:
Concha: pisos, prazas de garaxe?!!!E os montes e as fincas?
8.PRIMEIRO PLANO DO NOTARIO:
Notario: Dona Isolina foi vendendo todas esas propiedades e comprando  inmobles na cidade . Tiña bo ollo para os negocios.
9. PLANO DE CONCHA MIRANDO PARA INDALECIO
Concha:  Con qué razóns sentimentais!(dándolle á cabeza)

ESCENA 3 (EXTERIOR DÍA)
1.PLANO PANORÁMICO dende o coche, véndose xa a chegada ao muíño das aceñas
2.PLANO DE COSTAS E XERAL mirando a casa(AQUÍ SE VE A CASA)
3. PLANO DE FRONTE E XERAL DOS PROTAGONISTAS con caras de asombro,
4.PRIMEIRO PLANO DE CONCHA E INDALECIO e diálogos
-Concha:  Pero isto é unha miseria, unha ruína! Non me estraña que a vella fuxira de aquí!
-Indalecio: Pero se era… era moito máis grande e máis bonita!
        5. PLANO DETALLE DÁNDOSE AS MANS TOMÁS E INDALECIO
          6. PRIMEIRO PLANO DE TOMÁS(APARECE TOMÁS?CÓMO APARECE?)
Tomás: Son Tomás(dándolle a man a Indalecio), amigo da túa avoa ,ti debes ser Indalecio, non?  Dende que Isolina marchou para a cidade, hai vinte anos, non volveu por aquí. A casa xa non era boa e está moi deixada
        7. PRIMEIRO PLANO DE CONCHA OU PLANO XERAL DOS TRES
              Concha: Unha miseria, unha ruína!(con voz histérica)

8. PRIMEIRO PLANO DE TOMÁS
Tomás: Pois penso que a superficie non vos vai dar para edificar de novo. Deberíades informarvos no Concello

ESCENA 4(INTERIOR DUN DESPACHO)(CO ALCALDE)
1.PLANO XERAL ONDE SE VEXA UN CARTEL DE CONCELLO DE NARÓN
1.PRIMEIRO PLANO DO ALCALDE
Alcalde: Bon día. Que se lles ofrece?
2.PRIMEIRO PLANO DE INDALECIO
Indalecio: Son Indalecio Pampín, o sobriño da Isolina
3.PRIMEIRO PLANO DO ALCALDE(AQUÍ NO DIÁLOGO DE INDALECIO NON SE LLE VE A ÉL FALANDO, VESE TODO O TEMPO AO ALCALDE)
Alcalde: Ah sí, ENTEREIME QUE HERDARON A FINCA e seguramente queren saber qué poden facer con ela, pois nada
Indalecio: Como “NADA”?
Alcalde: NADA, non  tedes os catro ferrados necesarios e a casa está ruinosa, amañala vos custaría máis que facer dúas novas e ademáis aínda que queirades mercar algún ferrado non vai ser posible
4.PRIMEIRO PLANO DE INDALECIO, ALTERNÁNDOSE CON INDALECIO
Indalecio: Podo tentalo(UN POUCO DESAFIANTE)
Alcalde(CHULO): non vai pagar a pena.Case todas as terras son miñas e o pobo está en expansión
Indalecio: Si, xa vin todo moi cambiado cando viñamos.
Alcalde(CHULESCO): O que queremos todos é  progreso: moitos pisos, coches, letreiros luminosos… . Aconsévollos vendela e co que saquedes  mercade un piso aquí, no centro do pobo. Pénsao, pénsao…


ESCENA 5(INTERIOR, hai que pensalo, pode ser XUSTO NA PORTA DO CONCELLO, OU NO VESTÍBULO)
1.PLANO XERAL DE INDALECIO ANDANDO E FALANDO COA SÚA MULLER
Indalecio: Pois eu teño escoitado que dan axudas para rehabilitar casas vellas
Concha: Ao final vai ser mellor o que di o alcalde.
Indalecio: Non Concha, Se restauramos  a casa, revalorízase todo  e onde gastamos cinco,  sacamos dez. O mellor será pedir presuposto a  un construtor local, que sempre axusta máis os prezos e non pretende ter tanto beneficio.Xa verás.
Concha pon cara de desaprobación
(Saen do Concello cara á rúa, na que se escoitan coches, pitidos…. )

Comentarios

Entradas populares de este blog