Excursión a Celanova.

Despois de dúas horas de bus, chegamos á Alameda de Celanova, dende ahí fumos ata a Praza Maior da vila para visitar o Mosteiro de San Salvador, un importante centro de culto relixioso que alberga o instituto de Celanova. Cruzamos o mosteiro de arte barroco para chegar á Capela de San Miguel, unha demostración única en Galicia de arte mozárabe, detrás da capela podemos observar unha enorme pedra cun surco triangular nun dos seus lados que os castrexos empregaban para realizar cultos á Lúa e ao Sol como sacrificios animais e ofrendas. Despois regresamos ao mosteiro para subir á igrexa que hai no seu interior, unha clara demostración do excéntrico estilo barroco, alí subimos á zona do coro alto para recibir un inesquecible concerto de órgano e aprender un pouco máis sobre este fascinante e primitivo instrumento creado na antiga Grecia e denominado hidraulos; no concerto a organista intepretou cancions de peliculas como "Piratas do Caribe" ou de artistas do século XVII como Bach. Ao rematar fomos camiñando ata a Casa dos Poetas para ampliar os nosos coñecementos sobre a vida de grandes literatos do Rexurdimento como Manuel Curros Enríquez, ex-habitante da casa convertida hoxe nun museo na súa honra, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luis Méndez Ferrín. Despois desta didáctica visita xantamos no parque da Alameda e tivemos un rato de tempo libre. Logo os que quixeron visitaron a biblioteca e o instituto de Celanova que están dentro do mosteiro para coller o bus e dirixirnos, para finalizar o día a Vilanova dos Infantes, un pequeno pobo próximo a Celanova que adquiriu moita fama polos seus zapateiros e pola súa cova, a Cova de San Vivián, ademais do medievo castelo que había ahi asentado do que só queda en pé a Torre da Homenaxe, e que garda no seu interior a réplica da desaparecida Virxe do Cristal, da cal hai unha lenda famosísima difundida por case todo o mundo. Despedimos a nosa guia en Celanova e logo voltamos á casa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN