EXCURSIÓN A CORUÑA 3º ESO

O pasado 10 de xaneiro de 2018, os alumnos de terceiro de ESO e algúns de cuarto fumos de visita a Coruña.
O primeiro lugar que visitamos foi o cemiterio de San Amaro, un dos cemiterios máis importantes de toda Galicia. Nel encóntranse máis de douscentos personaxes ilustres, como Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Conchita Ruiz Picasso, etc. e as datas van dende 1805 ata os nosos días.
Unha das tumbas que máis me chamou a atención foi a de Juan Darriba Fernández, un rapaz que aos once anos salvou a unha muller de ser afogada padecendo el no acto. A súa lápida ten orde de non ser movida do lugar onde se encontra.
Despois do cemiterio, fumos a RAG (Real Academia Galega) no cal dividíronnos en dous grupos e se nos asinou un guía a cada un. O guía que lle tocou ao meu grupo contounos cousas moi interesantes aunque o tempo se lle quedou curto e non lle chegou para rematar a visita.
Fumos a xantar no MAC (Museo de Arte Contemporáneo) e despois emprendimos a visita ao lugar.
O primeiro que visitamos nel, foi a exposición de Lita Cabellut, unha muller de raza xitana que realizaba obras impresionantes cheas de diversas sensacións. A guía explicounos diversos temas da súa vida a medida que avanzaba a visita e como dende pequena se interesou tanto pola pintura ata chegar ao lugar tan importante dentro do mundo da arte no que se encontra actualmente.
Tras finalizar a exposición fumos a exposición de Pablo Genovés, un fotógrafo español que usa técnicas fotográfico-dixitais e pictóricas. Enseñáronnos algunhas das súas obras, que mostraban lugares baixo o efecto das forzas da natureza e quedeime moi sorprendida do seu traballo e o seu realismo.
Tras estas visitas volvimos de volta a Narón.
Esta excursión gustoume moito porque ademais de apender un montón de cousas en ambos sitios, o museo pareceume un lugar interesantísimo.
*Fotos do cemiterio de San Amaro*.






Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN