Ola a todos, pois este ano a Mansión dos Pampín xirou arredor do cine. No Trasancos estamos facendo unha adaptación do cómic do mesmo nome e a verdade é que o pasamos fenomenal e aprendimos moitísimo sobre o valor das terras, o que nos impón unha sociedade consumista e como temos que loitar para manter edificios con un equilibrio coa paisaxe. O resultado aínda está todo por ver pero imos adiantarvos algunhas fotos da rodaxe que foi, como todas as rodaxes, bastante laboriosa. Alumnos, profesores, Concello, todos axudaron para lograr un resultado o máis cercano posible ao cómic.