En maio culminamos o noso traballo deste ano no Proxecto Terra con unha viaxe que nunca esqueceremos.

Saimos cedo do Instituto para dirixirnos a Guimarâes pero antes pasamos por Citania de Briteiros
e contemplamos estes restos romanos tan ben conservados, sempre escoltados polo noso maravilloso guía Ricardo que nos acompañaría en toda a viaxe.

Despois desta bonita visita visitamos a Igrexa de San Salvador, para, a continuación dirixirnos ao teleférico de Guimarâes que nos levou ata  a Montaña da Penha, e aínda que o tempo non nos acompañou puidemos contemplar unhas preciosas vistas a 400 metros de altitude da cidade. 
Nunha antiga fábrica de curtir atópase o Museo Ciencia Viva que promove a cultura científica e tecnolóxica, e fomenta a motivación para a aprendizaxe científica, nun espazo totalmente interactivo.

Pola tarde-noite dirixímonos á Pousada da Juventude e despois do "jantar" paseamos pola cidade e puidemos contemplar a súa bonmita iluminación e edificios.

Ao día seguinte había que partir de novo para Galicia pero non sen antes facer unha Gymkana onde todos os nosos al,umnos puideron coñecer máis cousas sobre Guimaraes dunha forma divertida. Despoís de tantas carreiras tocaba coñecer algo máis da historia deste marabilloso pobo portugués e subir ao Castelo.

Dar as gracias a o noso guía Ricardo do que nos quedou un precioso recordo, tanto polas súas explicacións como pola súa amabilidade.

Voltaremos Guimarâes!!








Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN