VISITA Á CORUÑA (7 DE XANEIRO)


O 9 de xaneiro fixemos unhas visitas moi interesantes na cidade da Coruña:

A nosa primeira visita foi ao Cemiterio de San Amaro. Foi moi interesante, pois non só puidemos ver onde estaban soterrados personaxes tan importantes como Manuel Murguía, Luis Seoane, María Concepción Ruíz Picasso…, senón que tamén había personaxes anónimos para nós pero que tiveron unha gran importancia nas súas respectivas épocas, como é o caso de Juan Darriba, que faleceu por axudar a unha muller que se estaba afogando na praia de Riazor. Este cemiterio non só conta con máis de 200 personaxes ilustres senón que outro dos motivos da súa importancia son as súas obras arquitectónicas. Está considerado un dos mellores cemiterios de Europa por esta razón. Outra das sorprendentes cousas que ten este cemiterio é que nel descansan os restos de persoas dende hai máis de 200 anos ata agora. Aínda que sufriu reformas e cambios, a única persona a quen o Concello non deixou mover de onde estaba foi a Juan Darriba, pola súa acción.
O cemiterio conta tamén cunha parte onde descansan restos de nenos pequenos. Isto foi unha das cousas que máis me impresionou. Penso que o cemiterio de San Amaro é o máis grande e impactante no que eu estiven. A pesar de ser tan grande, xusto antes de entrar vimos que estaban facendo moitos máis nichos, o cal foi outra das cousas sorprendentes.



REAL ACADEMIA GALEGA - CASA MUSEO DE D. EMILIA PARDO-BAZÁN
A nosa seguinte visita foi a casa-museo de Dona Emilia Pardo Bazán, que ademáis tamén é a sede da Real Academia Galega. Nos dividimos en 2 grupos: mentres que uns ían ver a casa da familia de Pardo Bazán, outros estaban no salón de actos da RAG; No salón de actos explicáronnos un pouco a historia e o nacemento da Real Academia Galega, así como os seus fundadores e os diferentes presidentes que pasaron ao longo do tempo. Tamén explicáronnos que a academia non só se fundou con galegos residentes en Galicia, senón que tamén houbo axuda por parte de galegos que tiveron que emigrar a Cuba. O primeiro presidente que tivo a RAG foi Manuel Murguía. Outro dato interesante é que unha vez de que entras no pleno, xa tes un traballo fixo para toda a vida, pois son postos vitalicios, o que significa que non pode entrar alguén novo ata que falece alguén do pleno ou renuncie por vontade propia. En canto a casa da familia Pardo Bazán, contáronnos que ela xa dende moi nova tiña os seus propios pensamentos e integrábase nas tertulias que tiñan os seus pais cos amigos e intelectuais que frecuentaban na casa. Ela se casou cun home con pensamentos totalmente contrarios e, a pesar da época, colleu aos seus fillos e foi a Madrid. Na sua infancia ela xa estivera alí. Foi en Madrid onde puido escribir libremente sen os miramentos do seu home e demostrar todos os seus coñecementos que ela adquiriu de maneira autodidacta lendo na biblioteca que tiña na casa o seu pai.


MAC
O museo de arte contemporáneo gustoume moito. Os seus teitos altos, o seu amplo espazo, as obras que estaban expostas nel… Evidentemente o motivo da nosa visita foron as obras que están expostas e non os seus teitos, polo que falarei diso. Outra vez dividíronnos en 2 grupos e mentres un estaba na exposición de Pablo Genovés, o outro estaba na le Lita Cabellut. Eu comenzarei falando da de Pablo Genovés. Este artista non só é un fotógrafo. Quero dicir, non se limita só a sacar fotos, é máis ben… máis ben como lle cadre. El ás veces saca as fotos, pero non as publica por separado, senón que fai un collage con postais normalmente antigas e as fotos sacadas por el mesmo. A verdade é que parece algo doado de facer, pero eu non o creo. Nun dos cadros que estaba na exposición, víanse (aparentemente) árbores a ambos lados. Estes estaban dentro do edificio. Ben, pois Pablo Genovés tivo que fotografiar por separado cada un dos paos e ramas, porque eran iso, paos e ramas, recortar cunha precisión exacta o bordes, escanealos e posteriormente poñer un o un nada imaxe que temos de fondo e que previamente tamén había sido escaneada. O tema da exposición desde artista eran os desastres naturais pero en lugares onde non podrían pasar, como por exemplo unha tormenta dentro dunha biblioteca. Presentou as imaxes de tal maneira que primero visemos o antes do desastre, logo o final, cando está ocurrindo o desastre e por último a calma. O fixo así porque para el estas dous últimas son as máis interesantes. A persoa que guiou o grupo no que estaba eu fixo referencia a que cando el comía un ovo frito deixaba a xema para o final, pois era o que máis lle gustaba. A verdade é que eu nunca vin unha exposición así, véndoa coas luces apagadas, con música de fondo… pero se tivera que destacar algo é a imaxe en movemento.
A exposición de Lita Cabellut é totalmente distinta; nela as luces si estaban prendidas e o que se expoñían eran esculturas, cadros pintados ao óleo e ata partes do seu taller onde ela pinta. Nesta exposición tamén había un vídeo, pero era moi distinto, pois neste vídeo aparecía a propia Lita Cabellut pintando os cadros que estábamos vendo e facendo tamén as esculturas. Pareceume unha exposición moi interesante, as cores, o que a me transmitiron os cadros… Contáronnos que Lita ten unha maneira peculiar de tratar cos seus modelos, pois ela lles fai enfadar, métese con eles e pícaos para así pintar os seus cadros, xa que desta maneira, coñece as dúas cara da persoa. Paréceme unha gran artista, pois dende o meu punto de vista, ela coas súas obras transmite o que sente ou o que pensa. 
Pinta de tal maneira que é igual onde te poñas, os ollos da persoa retratada che perseguen alá onde vaias. Xa dixen que había cadros, esculturas e ata un vídeo, pero tamén había fotos nesta exposición. Con estas fotos, Lita Cabellut quixo dalgunha maneira transmitir ou reproducir a súa infancia, que non foi nada doada. Contáronnos tamén que ela sempre di: “eu non son artista só cando pinto, eu son artista todos os días da miña vida”. O di porque ela con calquera cousa que se lle veña a mente quere plasmalo nalgún lado, claro que este proceso pode tardar meses, pois a técnica que emprega ela e que lle fai única pintando son os lienzos. Ela, o seu equipo máis ben, antes de empezar a pintar o propio cadro en si, o pintan de branco, esperan a que se que e os poñen uns ao lado dos outros. Co tempo a pintura branca estalla por algunhas partes e Lita pense en cada raia para facer o cadro e que todo cadre e este en sintonía.
Foi sen dúbida algunha unha excursión moi interesante na que visitamos lugares do noso entorno novos e aprendimos curiosidades e datos que non sabíamos. Unha experiencia que repetiría.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!