VISITA A OURENSE
Visita a Celanova
O día 22 de maio 3º da eso do Ies Terra de
Trasancos fomos a Celanova na que visitamos a capela de San Miguel que foi
construida por mozárabes e tiña una peculiaridade, xusto enfrente tiña unha
montaña que, ao saír o sol ocultabao e tardaba 4 minutos máis en saír, esto
ocurría duas veces ao ano e a colocación da capela facía que se deixe pasaro
sol dende diante ata atrás, por dentro tiña un toque árabe que o facía moi
bonito. Logo fomos ao mosteiro de San Salvador no que había moitas paredes
policromadas moi bonitas dende alí nos levaron ata o órgano onde unha muller
nos explicou moitas cousas sobre o órgano, e sobre o coro antigamente: como se
sentaban para cantar, que utilizaban para suxeitar o libro no que poñia o
que tiñan que decir e como... en xeral todo fascinante. Fomos tamén a casa de
Manuel Curros Enríquez na que cantamos un dos seus poemas. Alí nos explicaron
unha curiosidade moi interesante e é que o busto que hai de Curros o puxeron
mirando con desden ao mosteiro representando así o sue anticlericarismo, despois
de ensinarnos un pouco a casa e explicarnos varias cousas nos púxeron un vídeo
no que un dos seus poemas estaba cantado e representado co vídeo animado, logo
ensinaronos unhas cartas de Curros algunhas moi persoais.
Cando acabamos a visita fomos comer, despois de ese tempo de lecer os que quixemos fomos ver a biblioteca pero por desgraza estaba pechada entón nos ensinaron un pouco a escola e, había unha balconada moi peculiar xa que antigamente chamabaselle poleiro xa que aí só estaban os que entraban novos no monasteiro e se lles chamaba poliños de aí ven o nome de poleiro e esa balconada era tal curiosa porque tiña uns acabados que soían ser de exterior e alí estaban por dentro, e alí mesmo foi por onde pasaron moita xente na época franquista xa que usouse de cárcere, ao sair de alí fomos rápidamente a Vilanova dos Infantes onde nos ensinaron a casa dos zapateiros, e nela nos dixeron que eso se formou grazas a doacións dos vecinos, despois nos levaronpor unha cova na que nos dixeron que eso puido usarse de cámara frigorífica ou para enterrar mortos pero non se sabe con seguridade porque a terra galega e moi ácida e é moi fácil que destruira eses restos. Despois con outra guía nos levou a torre da homenaxe onde nos ensinaron unha réplica da Virxe do cristal que aínda hoxe en día segue desaparecida, alí nos contaron alguna lenda sobre ésta, ao final subimos e disfrutamos das vistas, moi bonitas. En resumo esta viaxe foi fascinante.
Comentarios
Publicar un comentario