Saída Ourense

O 22 de maio visitamos Celanova, un pequeño pobo situado en Ourense, o cal é un gran atractivo turístico pola historia medieval que hai detrás del.

O primeiro lugar por visitar foi o mosteiro de San Salvador, de estilo e arquitectura barroca. Fóra encontábase una pequeña capela do século X, moi chamativa polo seu tamaño e influencia árabe: a capela de San Miguel, fundada por San Rosendo. A súa entrada estaba feita de forma que ao entrar tiveras que facer una "reverencia", como mostra de respeto hacia Deus.

Despois dunha breve explicación, volvimos dentro, pero esta vez subimos á segunda planta do mosteiro, onde se atopaba un órgano. Nel, unha muller explicounos algún datos curiosos sobre o instrumento e contounos a historia de como se inventou.

Logo de escoitar algunhas cancións, fomos á Casa dos Poetas, lugar no que viviu os seus primeiros 15 anos Manuel Curros Enríquez. En cada habitación da casa aparecían anacos da vida do escritor, que despois os guías explicaban máis ampliamente.

Máis tarde, subimos ao bus para chegar a Vilanova dos Infantes, un pobo moito máis pequeno ca Celanova. Alí visitamos a Torre da Homenaxe, contrucción medieval que sufriu varios ataques, pero que resistiu ata o día de hoxe. No seu interior habían varios pisos. Os que máis me interesaron foron os que tiña a réplica da Virxe do Cristal (desaparecida hai anos) e a planta superior. Dende alí podías ter unas vistas incríbles, aunque daban un pouco de vértigo.

Por último, visitamos o interior da cova de San Vivian, lugar no que nos explicaron que o principal traballo da maioría da poboación era a de zapateiro.

Finalmente, volvimos a Narón. Na miña opinión, esta é unha das excursión que máis me gustaron de todo o curso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN