Excursión a Ourense
En primeiro lugar
visitamos o Mosteiro de San Salvador, en Vilanova. Neste predominaba
unha abundante decoración barroca.Unha das mostras deste estilo aparece nas paredes do altar que estaban
feitas de madeira recubertas de ouro propocionándolle á estancia un
ambiente diferente e recargado. Na pranta
superior encontrábase un conxunto de sesenta sillerías magnificas
utilizadas polo coro da época que estaba acompañado por un órgano moi ben conservado e encaixado nunha parede barroca. Tivemos o privilexio de aprender o seu funcionamento acompañado dunha demostración realizada por unha das nosas guías (Marisol) que nos deixou abaiados.
Na parte exterior deste mosteiro atópase unha pequena capela considera na época como a perfección (debido á súa estructura, proporción e tamaño), a parte disto era moi importante porque convinaba a arte románica e a árabe. Ademais explicáronnos que esta pequena construcción estaba reservada únicamente para o bispo superior e que era utilizada como un lugar de culto e meditación.
Tras a entretida visita ao mosterio visitamos a casa de Curros, que atopábase nunha das estradas máis privilexiadas de época debido á situación económica da familia. esta debido á unha serie de circunstancias non se puido conservar como a súa familia a deixou.
Na casa de Curros faláronos da súa situación familiar que era complicada, isto fixo que Curros abandonase a casa con quince años, tamén faláronnos da súa vida como as viaxes que fixo e asináronnos algún documento como cartas dirixidas aos seus familiares e amigos.
Mais tarde tivemos un pequeno tempo para almorzar e para rematar a nosa visita en Celanova ; dirixímonos outra vez cara o mosteiro para ver a parte deste que se utiliza como instituto e no que se conserva unha privilexiada biblioteca que por circunstancias non puidemos visitar.
Dirixímonos a Vilanova unha pequena vila moi curiosa na que destacamos a importancia dunha torre pertencente a un antiguo castelo da vila que posuía unhas visitas que nos deixaron anonadados.
Nesa mesma vila visitamos un zapateiro (que era a profesión dominante na época) a este mesmo espazo asinaronnos unha cova cuxa utilidade é descoñecida.
Comentarios
Publicar un comentario