EXCURSIÓN A GUIMARAES

O pasado 31 de maio os alumnos de terceiro de ESO do noso centro, IES Terra de Trasancos, fumos de excursión de fin de curso a Guimaraes, Portugal.
Saímos moi cedo de Narón e fumos en autobús ata Portugal nunha viaxe que durou preto de tres horas, facendo varias paradas polo medio.
O primeiro lugar que visitamos foron uns castros, acompañados polo noso guía portugués e polas nosas profesoras Graciela e Carmen. O día estaba bastante escuro e chovía bastante, polo que foi un pouco custoso subir e baixar, máis as vistas eran incribles e mereceron o esforzo.
Tras ver todo o lugar, xantamos ao carón dunha cafetería.
Logo, fumos a ver unha igrexa coa mala sorte que non poidemos entrar nela.
Tras rematar esta visita, o bus levounos ata un teleférico, no que os alumnos con vértigo coma min puxémonos moi nerviosos! Alí enriba facía moito frío e visitamos un pouco por alí pero chovía a chouzos polo que nos refuxiamos nunha cafetería e tomamos algo quente.
Cando saímos de alí, fumos ata o noso hospedaxe, e as habitacións eran moi grandes. Cenamos e
reunímonos todos e puxémonos a falar da viaxe ata que chegaron as profesoras e dixéronnos que íbamos a dar un paseo todos xuntos preto do noso albergue. A idea ao principio non nos entusiasmou, pois estábamos cansos pero ao final todos quedamos encantados de haber saído, pois o lugar era fermosísimo!
Ao cabo de unha hora e media máis ou menos, chegamos ás nosas habitacións e non tardamos moito en durmir.
Ao día seguinte, fixemos un xogo en equipos pola cidade, que consistía en conseguir dar resposta a unha serie de preguntas falando cos habitantes de alí e foi moi divertido.
Tras rematar o xogo, volvimos ao hotel, xantamos e dispuximos rumbo de volta a Narón, onde todos quedamos durmidos. Fixemos algunha parada e chegamos máis cedo do esperado a Narón.
Esta excursión gustoume moitísimo, porque ademáis de aprender moitas cousas de cultura xeneral, do lugar e do idioma, poiden estar dous días enteiros cos meus compañeiros.
 
 










 

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!