Excursión a Celanova





Excursión a Celanova
 
 




O pasado Martes 22 de Maio, os alumnos de 3º de ESO, fixemos unha saída cara Celanova, en Ourense. Unha vez deixamos o bus, nos diriximos cara a Praza Maior onde nos presentaron a nosa guía. O primeiro lugar que visitamos foi o Mosteiro de San Salvador, coñecido popularmente como o Mosteiro de San Rosendo, chamado así polo seu fundador. Unha vez dentro do mosteiro, nos diriximos cara o exterior onde se encontraba a Capela de San Miguel, que é un oratorio fundado por San Rosendo, na honra do seu irmán Froila, para entrar nesta capela tiñas que facer una reverencia por Froila, e por iso fixeron a porta máis pequena , para que a xente se agochara ao entrar. Fóra da capela estaba, a rocha, na que se facían cultos pagáns na sociedade preromana. Máis tarde, volvimos ao interior do Mosteiro, onde ascendimos cara a última planta, alí nos esperaba unha chica para ensinarnos como se organizaban os coros na antiguedade, os monxes que interpretaban as cancións do coro, se sentaban en sillerías, as partituras que interpretaban recollíanse en facistoles. Tamén nos ensinaron as partes do órgano e como se empregaba antigamente, para finalizar esta visita do Mosteiro, nos interpretaron dúas cancións co órgano.
Despois desta asombrosa visita ao mosteiro, nos diriximos ata a casa de Curros na que viviu cando era pequeno co seu pai, a súa nai e os seus irmáns. Curros decidiu marchar da súa casa, polo comportamento autoritario do seu pai. Alí fixemos unha pequena viaxe  pola súa vida (relacións familiares, viaxes, estudos ,obras,...) e un montón de cousas novas acerca desta interesante personaxe.
Unha vez saímos desta visita, fumos xantar a Vilanova, a cal tiña un encanto especial.
Despois de xantar nos diriximos cara Vilanova dos Infantes, un pequeno pobo, cunha historia do pasado mediaval. Alí visitamos a cova de San Vivián, onde descubrimos moitas curiosidades sobre o pobo, unha exposición sobre os zapateiros,...
Logo visitamos a Torre de Homenaxe, unha construcción que resistiu a moitos enfrontamentos no pasado. Dentro desta torre nos atopamos a replica da Virxe do Cristal, xa que a verdadeira foi robada.
Finalmente, subimos ao bus e regresamos a Ferrol.










  

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN