A principios de ano, vistamos a cidade da Coruña, onde a nosa primeira parada foi o cemiterio de San Amaro, ao principio non me fixo moita gracia visitar un sitio tan íntimo (para as familias dos defuntos) coma ese pero a medida que ía descubrindo a historia do cemiterio e como medrou progresivamente coa cidade, as lendas que se contan del e os célebres personaxes que están alí enterrados fíxoseme cada vez máis ameno, hei de dicir que é unha das saídas mais interesantes que fixen co instituto, pois ese camposanto ten moita historia. Logo fumos á casa-museo da escritora Emilio Pardo Bazán, que comparte edificio coa Real Academia Galega, persoalmente a visita á casa museo pareceme moi inncecesaria porque non me gustou nada e os tratos recibidos tanto aos mestres como a nós foron moi inoportunos. A visita a RAG foi moi curta porque non tiñan moito tempo e déronnos moi pouca información e mo imprecisa sobre a institución. Despois fumos en bus ata o Museo de Arte Contemporáneo, onde nos pesentaron dúas exposicións. A primeira foi unha exposición fotográfica cuxo autor fóra Pablo Genovés e as súas obras consistían nunha montaxe empregando a ilustración dun lugar de influencia barroca e introducindo fotografías de elementos atmosféricos o cal resultounos moi curioso e orixinal.
A outra exposición que nos presentaron foi a de Lita Cabellut, cunha gran cantidad de obras que nos sorprenderon moito e resultáronnos moi chamativas.
Quizais esta última visita foi a que máis me gustou, pois pareceume moi amena e moi agradable.
Finalmente, subimos ao bus e regresamos de volta a Ferrol.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN