VISITA A CORUÑA

Visita a Coruña

O día 9 de xaneiro fomos visitar o Cemiterio de San Amaro, uns dos máis importantes de toda Galicia, xa que nel, están enterrados personaxes históricos como Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Manuel de Murguía, e moitos máis. Aínda que fose un cemiterio, era bonito e especial, por todas aquelas arquitecturas nas tumbas tan diferentes, que se sitúa ao lado da ría da Courña.








A segunda visita foi a Real Academia Galega (RAG) situada na que foi vivenda da escritora e agora é una casa-museo e sede da RAG o que nos contaron foi interesante pero resultou moi pesada xa que os guías non intentaron facela amena.

Despois, fomos a exposición de Pablo Genovés dixéronnos que vivía entre Berlín e España e que as súas obras estaban recoñecidas e expostas polo mundo enteiro.
Tamén nos explicáron como traballa e isto consiste en escoller unhas fotos de desastres naturais e xuntalos con fotos de monumentos importantes (normalmente eran lugares pechados). Son sempre fotos en branco e negro e para xuntalos se guía polo instinto, tíraba polo chan varias fotos e íase fixando en cada unha e cando vía que algunha podía coincidir con outra as xuntaba polo ordenador creando así unha manipulación dixital.
A súa fonte de inspiración son postais e fotos que se vai atopando en mercadillos.
pablo_genoves_5

Na exposición de Lita Cabellut contáronnos que ela usa a técnica do fresco que consiste en pintar sobre unha capa de estuco húmida con pigmentos minerais diluídos en auga. Ao secar o cal, co cambio químico, aglutínanse os pigmentos e fíxanse as cores volvéndose insolubles á auga.
Ensináronnos tamén unha parte do seu estudo e dixéronnos que tiña que ir moi protexida porque usaba produtos químicos moi potentes que poden queimar a pel ou intoxicala polo que usaba unha máscara e ía completamente tapada. Tamén cando necesitaba modelos para representar algo e a alguns ás veces os pintaba.
E tambien fixo un cadro coas esponxas dos rodetes xa que como ao ir pintando gastábanselle e quedaban con cores curiosas decidiu facer unha cadro con eles moi curioso.
Tambien dixéronnos que Lita Cabellut trata de sacudir a conciencia do espectador pintando aos perdedores da sociedade, xente solitaria e sen voz. O que ela foi no seu día. Pero é capaz de ver ese sufrimento mesmo en quen aparentemente triunfou na vida.
Con todo, máis aló dos seus traballos e técnicas máis recoñecidas, ela é unha artista multidisciplinar que traballa con óleo sobre lenzo, debuxos en papel, escultura, fotografía, poesía, poemas visuais e vídeos.
slider_lita_cabellut_2

En definitiva, gustoume a exposición xa que nos ensinaron cousas que non sabía e moi curiosas e importantes e puiden ver obras en directo cunha explicación e aínda encima de artistas españois recoñecidos mundialmente. É un privilexio do que puiden gozar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!