Viaxe a Guimarães

Viaxe a Guimarães

O día 31 de maio os alumnos de 3º da ESO emprendimos a nosa viaxe a Guimarães (Portugal), despois de 3 horas de viaxe bastante longas, fixemos a nosa primeira parada que foi a Citania de Briterios, nela acompañados de un guía que solo nos falou en portugues durante toda a nosa estacia en Portugal) fomos de arriba para abaixo vendo e atendendo ao que nos dicia o guía e con moito coidado xa que o chan estaba mollado e era moi fácil esvararse, despois de baixar e ver un antigo balneario voltamos para xantar a volta era moito máis fácil que a subida xa que non era tan fácil esvararse. Ao rematar de xantar voltamos cara o bus e veu connosco o guía que a medida que íamos avanzando con bus el nos ía dicindo curiosidades ata chegar a una igrexa na que íbamos entrar pero por desgraza estaba pechada polo que dimos una volta por alí e mentres o guía nos ía explicando cousas moi interesantes.
Despois fomos ao teleférico que foi una das melloras visitas que fixémos xa que as vistas que se vían a medida que íamos subindo eran preciosas. Xa na cima, no Parque da Penha, intentamos desfrutar das vistas pero, estaba todo recuberto de néboa e non se vía nada, tamén estaba chovendo e facía vento polo que estivemos pouco tempo alí aínda que o guía recomendounos volver alí un día máis despexado xa que é moi bonito de ver.
Despois de baixar, outra vez no teleférico, fomos ao museo da Ciencia Viva, na que nos ensinaron moitas cousas a primeira eran robots que estaban deseñados para facer diferentes funcións: un por exemplo estaba deseñado para seguir una línea branca, pero dos 3 sensores que tiña só podía ler esa línea con un xa que cando chegaba a un punto no que os 3 sensores lían o línea paraba, outros tiñan unas pinazas e cuns controis manexábanse a súa finalidade era meter gol na portería do outro pero sempre os acabábamos volcando. Tamén nos ensinaron como se reciclan as botellas de plástico e tamén nos ensinaron un planetario e ao saír del fomos a una sala na que víase como tardaba a información en chegar dende algún planeta a Terra ou como tardaba a imaxe xa que nos deixaron un robot nun lugar que estaba cheo de area para simulara Lúa e dende o sistema de control víase todo ralentizado.
Ao rematar a visita fomos ao hotel onde nos deixaron un tempo para instalarnos e prepararnos despois fomos cear e cando acabamos relaxamonos outro pouco na sala de xogos para despois ir dar un paseo pola cidade.
Ao día seguinte levantámonos cedo para prepararnos xa que fixemos un xogo pola cidade que consistía en ir preguntando aos veciños do lugar en portugués as cousas que nos preguntaban e non souberamos. Cando acabamos esta actividade subimos ata un castelo no que puidemos entrar e desfrutar das vistas e no que o guía explicounos moitas curiosidades.
Ao acabar esta última visita fomos xantar e despois marchamos cedo para voltar a Narón.
A viaxe foi impresionante una mágoa non poder estar máis tempo.
















Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN