Saída a Ourense




Onte, eu e os meus compañeiros fomos de excursión a Celanova, unha pequena vila situada na provincia de Ourense.
Neste pequeno pobo medieval había numerosos lugares de interese polo seu pasado histórico.
O primeiro sitio ao que fomos, foi o mosteiro de San Salvador, no que se diferenciaba o seu estilo barroco, con numerosos arcos, bóvedas...e outros elementos arquitectónicos deste estilo.
Nos exteriores do mosteiro atopábase a capela de San Miguel, unha construcción do século X, fundada por San Rosendo, e que destacaba polo seu pequeno tamaño e a súa confluencia Mozárabe.
A carón da capela, había unha pedra enorme e explicaronnos que no pasado utilizábana para rendirlle cultos ao sol.
Despois disto, entramos na igrexa do mosteiro e subimos á parte de arriba onde nos deron una explicación sobre o órgano, un enorme instrumento que estaba formado por moitísimos tubos e ademáis tiña un son precioso. Logo, para rematar, fixeronnos unha breve demostración tocando dúas cancións moi coñecidas.
Ao sair do mosteiro, fomos cara a Casa dos Poetas, a cal fora a casa familiar de Manuel Curros Enríquez ata os 15 anos, Nela atopamos unha gran exposición de toda a súa vida da cal aprendimos un montón de cousas. Alí tamén nos falaron un pouco de Celso Emilio Ferreiro.
Cando rematamos esta visita, deixáronnos un tempo para xantar e ao terminar, alguns entraron na biblioteca do mosteiro, e descobremos que o mosteiro tamén funcionaba como instituto.
Ao sair, subimos ao autobús, e subimos cara Vilanova dos Infantes, un pequeno pobo cun gran pasado medieval.
Visitamos a Torre da Homenaxe, unha construcción que resistiu a numerosos enfrontamentos no século XV. Alí tamén vimos a replica da Virxe do Cristal, que era coñecida polo seu pequeño tamaño e polo culto que lle prestaban antigamente.
Para rematar, entramos na cova de San Vivián, onde tamén descobremos algunhas curiosidades sobre o pobo, como unha exposición sobre os zapateiros.
Finalmente, subimos ao autobús e regresamos de volta a Ferrol.






Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!