Saída a Guimaraes.

O día 31 de maio, os alumnos de 3 ESO partimos as 7:30 do local social da Gándara. Unha vez alí visitamos a Citania de Briterios onde un guía portugues explicounos como eran todos os castros e a súa utilidad. Logo diso non poidemos visitar unha igrexa que estaba nun pobo preto de Guimaraes. Deseguido fomos no teleférico de Guimaraes. Cando chegamos ao alto, non se vía nada estaba chovendo polo que nos refuxiamos nun bar.Xa de volta fomos ao museode tecnoloxías onde nos ensinaron máquinas que se utilizaban para facer as fichas das atraccións das festas; tamén xogamos a uns xogos nos q tiñamos que utilizar robots. Xa pola noite instalámonos no albergue e déronnos de cea (persoalmente, non me gustou a comida). 
Ao día seguinte nos levaron ao centro da cidade onde fixemos un xogo moi divertido. Nel empatamos dous equipos e pola tarde grazas a unha pregunta que respondeu a nosa compañeira Ángela, gañamos o xogo. Tamen visitamos un castelo moi bonito e despois regresamos a casa. Ei de dicir que esta excursión gustoume moito e a repetiría
Resultado de imaxes para guimaraes



Esta é unha imaxe do Castelo de Guimaraes

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN