Saída a Guimaraes

O día 1 de xuño, os alumnos de 3º da eso, saímos de excursión cara Guimaraes (Portugal)
Despois de case 3 longas horas de viaxe, paramos na Citania de Briterios, que foi o primeiro lugar que visitamos na nosa estancia portuguesa. Alí, acompañados do noso guía fomos descubrindo moitas cousas daquel lugar tan peculiar. Vimos o Balneario, as muraias que protexían o castro dos inimigos e algunhas outras curiosidades que nos chamaron bastante a atención.
Logo disto, déronnos un tempo para almorzar e facer un descanso, e ao rematar retomamos a viaxe en bus ata a seguinte parada,  unha curiosa igrexa, na que pretendíamos entrar pero por desgraza, aquel día estaba pechada.
Tras isto, continuamos o traxecto ata Guimaraes. Ao chegar, subimos a un teleférico que nos levou ata a zona mais alta da cidade, onde estaba o Parque da Penha, un lugar moi impresionante cunhas maravillosas vistas, pero tivemos a mala sorte de que debido á néboa e á chuvia non puidemos disfrutalas moito.
Logo de baixar outra vez no teleférico,fomos ao museo da Ciencia Viva, onde nos ensinaron un planetario, unha máquina de reciclaxe que convertía as botellas de plástico en pequenas estampas co nome do lugar, robots... e outras cousas moi interesantes que nos gustaron bastante.
Ao rematar esta visita, fomos cara o hotel, o que todos agradecimos un montón porque estábamos moi cansos. Descansamos, ceamos e despois disto saímos a dar unha pequena volta pola cidade.
Ao día seguinte, levantámonos cedo e fomos ao centro de Guimarães onde fixemos unha actividade por grupos para descubrir e aprender mais cousas sobre a cidade.
Por último, visitamos un enorme castelo desde o que pudimos disfrutar dunhas preciosas vistas e o guía explicounos moitas cosas sobre él.
Finalmente,voltamos ao hotel para comer e marchamos cedo de volta a Ferrol xa que nos esperaba unha longa viaxe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN