Saída A Coruña

O pasado martes 9 de decembro, os alumnos de terceiro da ESO fumos á Coruña. Visitamos tres lugares: a RAG, o cemiterio de San Amaro e a exposición do fotógrafo Pablo Genovés e a pintora Lita Cabellut.

A primeira visita realizada foi a do cemiterio de San Amaro, lugar no que descansan personaxes recoñecidos de Galicia, como pintores, lingüistas, escritores... O que máis me impresionou foi a conservación da mayoría das tumbas (moitas delas da década do 1800) e algunas das obras arquitectónicas que alí se poden encontrar. A pena foi que o día estaba nubrado e non puidemos encontrar a dos escritores que alí se encontraban.

Máis tarde, dirixímonos á exposición de Lita Cabellut e Pablo Genovés. A do fotógrafo resultoume impresionanate: mesturaba imaxes de desastres naturais con fotografías de grandes obras e edificios arquitectónicos, deixando un resultado incríble. A exposición de Lita Cabellut tampouco se queda atrás: a súa técnica para pintar é moi inxenioso. Ela utiliza unha técnica de fresco, a cal consiste en pintar sobre unha capa de estuco húmida, con pigmentos minerais diluídos en auga. Ao secar o cal, os pigmentos fíxanse e as cores vólvense insolubles á auga.

Por último, a RAG, edificio no que viviu e residiu Emilia Pardo Bazán, escritora moi recoñecida polas súas obras. A información que contiñan as súas paredes era moi interesante. A pena foi que os guías non mostraban moito interés en explicar de forma amena a historia da Real Academia Galega.

De todos modos, foi unha visita que me encantou e volvería a repetirla se tivese oportunidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!