Saída a Coruña
O día 9 de xaneiro do 2018, os alumnos de 3º da eso, fomos de excursión a Coruña e realizamos varias visitas que foron moi interesantes.
O primeiro lugar ao que fomos ao chegar a Coruña foi o cemiterio de San Amaro. Alí puidemos recoñecer o nome de diversos pintores, escritores, científicos... que dalgunha maneira foron personaxes importantes e históricos en Galicia, como por exemplo, Manuel Murguía, Eduardo Pontal ou Manuel Curros Enríquez.
Logo disto, baixamos andando á praza de María Pita onde nos deixaron un anaco de tempo para almorzar e tomar algo quente xa que facía moito frío.
Despois, reunímonos cos demais e fomos ata a Real Academia Galega, na cal nos deron unha breve explicación sobre o seu funcionamento, a súa historia e as súas funcións. Ademais, na RAE, atopábase a casa museo de Emilia Pardo Bazán, da cal descubrimos un montón de cousas como por exemplo, que foi unha gran loitadora polos direitos da muller.
Ao rematar, collimos o bus ata o Museo de Arte Contemporáneo, onde nos pesentaron dúas exposicións. A primeira foi unha exposición fotográfica cuxo autor fóra Pablo Genovés e as súas obras consistían nunha montaxe empregando a ilustración dun lugar de influencia barroca e introducindo fotografías de elementos atmosféricos o cal resultounos moi curioso e orixinal.
A outra exposición que nos presentaron foi a de Lita Cabellut, cunha gran cantidad de obras que nos sorprenderon moito e resultáronnos moi chamativas.
Quizais esta última visita foi a que máis me gustou, pois pareceume moi amena e moi agradable.
Finalmente, subimos ao bus e regresamos de volta a Ferrol.

Comentarios
Publicar un comentario