-SAÍDA A CORUÑA-
O pasado dia 12 de xaneiro de 2018 os alumnos de 3ºda ESO fixemos unha viaxe a cidade da Coruña onde visitamos lugares moi representativos e simbólicos desta antiga cidade como poden ser o cemiterio de San Amaro que foi a nosa primeira parada onde puidemos ver algunhas das tumbas de persoaxes historicas de Galicia que se encontran neste lugar como pode ser Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez ... a parte de toda a historia de este fermoso lugar.
Deseguido visitamos a casa-museo de Emilia Pardo Bazán na que puidemos ver como vivía esta muller tan importante para Galicia no seu fogar e todas as obras que se agochaban na súa vivenda dun gran valor económico e cultural.
Por último visitamos o Museo de Arte Contemporáneo onde tivemos a sorte de ver as exposicións dos artistas Pablo Genovés e Lita Cabellut e aprender un pouco das súas vidas .
Comentarios
Publicar un comentario