SAÍDA A CELANOVA
O dia 22 de maio, desplazámosnos a Celanova, Ourense; a pesar de que a viaxe foi longa, valeu a pena. Alí visitamos o Mosteiro de San Salvador, tamén chamado Mosteiro de San Rosendo, caracterizado polo seu estilo barroco do século XVII e XVIII. Está formado por dous claustros, nun deles atópase o patio interior, destacan as súas bóvedas con decoración barroca e no outro atópase a biblioteca e o instituto. Ademais, este monumento posúe unha igrexa moi coñecida, nesta aprecianse sillerías (os lugares onde se sentaban as persoas que formaban o coro) e unha importante caixa de ógano con dúas fachadas. Alí puidemos apreciar un pequeno concerto, onde nos ensinaron as partes dun órgano (teclado, tubo e aire) e disfrutamos de dúas obras musicais, unha delas os Piratas do Caribe; nós tamén cantamos, "O maio".
Visitamos a capela de San Miguel, coñecimos as súas importantes proporcións, estudiadas para que catro veces o ano, a luz atravesase directamente as fiestras sin ser tapada pola montaña. Tiña influencia árabe, debido a isto atópanse tantos enigmas. Ao carón, percibiuse unha rocha utilizada para cultos solares.
Máis tarde, visitamos a casa dos poetas, a antiga vivenda de Manuel Curros Enríquez (actualmente pertence a unha fundación que se encarga da conservación da cultura celenovesa). Nunha parte do edificio, conservábase a lareira e a cheminea e na outra apreciábase unha exposición coa documentación persoal e imaxes do autor. Contáronnos a mala relación que tiña co seu pai, debido a iso marchou á Madrid e anos máis tarde regresou. Puidemos coñecer moitas cousas sobre a súa vida.
Tamén nombráronse moitos autores celenoveses, como Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín.
Despois de xantar e ter un descanso na Praza Maior, visitamos Vilanova dos Infantes, cun importante pasado medieval. O único que se conserva é a Torre da Homenaxe dun antigo Castelo onde se produciron enfrontamentos durante as revoltas. Na parte alta da Torre puidemos ver as vistas do pobo. Neste lugar destaca a desaparición da Virxe do Cristal, coñecida pola lenda na cal se inspirou Curros nun dos seus poemas.
Para finalizar, fumos A Cova de San Vivían e mostráronnos unha pequeña exposición sobre os zapateiros
Comentarios
Publicar un comentario