Saída a Celanova dos alumnos de 3º da ESO


CELANOVA

  Onte, día 22 de maio, os alumnos de 3º da ESO fumos a Celanova: ao Mosteiro de San Salvador, á casa de Curros Enriquez e a Vila Nova dos Infantes.

  Saímos as 8:30 do instituto chegando a Celanova ás 11:15, tendo libre hata as 11:30, que comezaba a visita guiada polo mosteiro.


 A guía ensinóunolo xunto coa capela de San Miguel, sendo esta unha das millor conservadas de arte mozárabe.



  Antes de saír  do mosteiro, leváronnos a ver o órgano da igrexa. Déronnos unha explicación do seu funcionamento e a mesma señora tocou unhas obras moi coñecidas.



  Ao saír do mosteiro, tíñamos tamén reservada unha visita á casa de Curros Enríquez, contándonos a súa vida e obras, ademáis dunha pequena explicación de Celso Emilio Ferreiro.
  Ó rematar a visita, deixáronnos tempo libre para xantar hata as 15:50h.
Despois, fumos ao instituto que formaba parte do mosteiro. Non pudimos visitar a súa biblioteca, pero a guía contounos moitos detalles desta parte.
  Tras isto, collimos o bus e dirixímonos a Vila Nova dos Infantes, unha vila pertencente a Celanova.
Nela visitamos A Torre do Homenaxe e dimos un paseo por ela, acompañados da guía que contounos curiosidades como a do gremio de zapateiros y a lenda da Virxe de Cristal.

  Aquí finalizou a nosa visita cultural a Celanova, e comezamos a viaxe de retorno.





 

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN