OURENSE


O anterior 22 de maio, os alumnos de 3º da ESO do IES Terra de Trasancos fomos a Celanova e Vilanova dos Infantes,dúas vilas situadas na provincia de Ourense.Foi unha saída moi completa ademáis de interesante.
Pola mañá,estivemos en Celanova,na que se encontran o Mosteiro de San Salvador (popularente coñecido como mosteiro de San Rosendo),no que Celso Emilio Ferreiro pasou a súa "Longa noite de Pedra".Neste puidemos escoitar e ver o gran órgano que alí hai,moi típico nas grandes e importantes igrexas e mosteiros.O máis representativo deste mosteiro é a capela de San Miguel,a que San Rosendo mandou construir na honra do seu irman Froila.Trátase dun oratorio,cunhas proporcións de influencia árabe.
Despois visitamos a Casa dos poetas, a que foi a casa na infancia de Curros Enrríquez,un dos poetas máis importantes do Rexurdiento galego.Ademáis de difundir cultura celanovesa,trátase dunha dobre estrutura,xa que se caracteríza por ter forma de casa tradicional galega.Este museo ten unha exposición sobre a vida, obra e morte de Curros Enrríquez,pero tamen faise un achegamento a varios poetas celanoveses importante que fan esta localidade tan rica culturalmente,(Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Xa pola tarde trasladámonos uns poucos kilómetros ás aforas de Celanova e chegamos a Vilanova dos Infantes, unha pequena vila, que ten unha grande historia escondida entre todas aqueas pequenas rúas,casas e horreos.O máis relevante desta vila é a súa torre da homanexe pertencente a un antigo castelo onde se esconde a réplica da Virxe de Cristal, á que Curros dedicoulle un poema e a que nestes momentos está desaparecida.


Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!