O pasado 31 de maio os alumnos de 3º da ESO partimos rumbo cara a cidade portuguesa de Guimarães como recompensa por participar no "Proxecto Terra". Ao chegar a Portugal, visitamos o recinto castrexo de Citania de Briteiros, foi moi interesante descubrir un pouco máis sobre Portugal e as civilizacións que ao longo da hisoria habitaron alí; chovía un pouco e tivemos que visitalo ás presas para non mollarnos. Cando esta visita rematou xantamos nese recinto para continuar a nosa viaxe ata chegar a unha famosa capela que non poidemos visitar porque estaba pechada. E de seguida chegamos ao teleférico para subir a Montanha da Pena, persoalmente tiven unha mala experiencia durante a subida, pois a cabina comenzou a temblar ao principio do recorrido, logo íanse abrindo as portas pouco a pouco e ademáis inclinábase cara un lado, as miñsa amigas e eu pasamos moito medo pero logo escachabamos coa risa. Arriba habia moita neboa e chovia moito, non puidemos ver a cidade dende arriba pero refuxiamonos nun bar. Ao baixar foi todo máis fluido e relaxante. Logo visitamos un museo de tecnoloxía onde tivemos un rato de tempo para xogar cos robots que alí había. Para rematar o día fomos ao albergue onde ceamos e logo saímos a dar unha volta polo pobo.


Ao día seguinte fixemos un xogo por equipos ao longo de toda a cidade onde habia que responder unhas preguntas sobre Guimarães, como dous dos equipos empatamos fixeronnos unha pregunta ao final da tarde sobre o castelo que visitamos máis tarde, gañou o meu equipo! Ao rematar de xantar voltamos a casa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN