SAÍDA Á CORUÑA

O día 9 de xaneiro realizamos unha excursión ao Cemiterio de San Amaro, á Real Academia Galega e ao Museo de Arte Contemporáneo.
A primeira parada foi no Cemiterio de San Amaro, onde están soterrados personaxes moi importantes coma Manuel Murguía, grandes pintores como Luis Seoane e Lloréns; na tumba deste último aparecía o seu nome nunha paleta de pintura. Ademais é curioso que Manuel Murguía estivese soterrado neste cemiterio e sen embargo, a súa muller, Rosalia de Castro, non. Destacaba a tumba dun neno de 11anos, Juan Dorriba Fernández, morto tras salvar a Josefa Fernández, na Praia do Orzán, o 9 de Agosto de 1696. A maioría das tumbas eran especialmente bonitas e cuns epitafios chamativos como o dos "Jimenez Jimenez".
Máis tarde, chegamos á Real Academia Galega. Alí visitamos a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, onde nos contaron a súa vida e obra. A continuación, visitamos o Salón de datos da Real Academia Galega, onde nos falaron das persoas que a formaban, as tarefas que realizan...
A nosa última visita foi ao Museo de Arte Contemporáneo, no que vimos dúas exposicións: a de Lita Cabellut e Pablo Genovés.
Pablo Genovés é un importante fotógrafo español. Na súa obra utiliza una manipulación dixital da imaxe, empregando fotos e postais que encontra nos mercadillos. Gustoume especialmente una imaxe dixital con movemento, na que se representaba unha inundación, na cal se apreciaba como a auga ía ascendendo pouco a pouco.
Lita Cabellut é una pintora española que traballaba con óleo sobre lenzos, debuxos en papel, esculturas, etc. Na maioría das súas obras pintadas representa o sufrimento dalgunhas persoas , para chamar a atención do espectador. Nesta exposición, encantáronme as súas esculturas e una representación na que mostraba os botes de pintura e o material empregado para realizar as súas obras.
Persoalmente, esta excursión pareceume entretida e divertida, a visita que máis me gustou foi o Museo de Arte Contemporáneo e a que menos me gustou foi a Real Academia Galega, xa que o trato da miña guía podía ser mellor, pero aínda así o exposto no museo chamoume moito á atención.









Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!