Guimarães


  O xoves día 31 de maio, collimos o bus na Gándara cara a Guimaraes.
En primer lugar fixemos unha parada en Citania de Briteiros, onde un guía, o mesmo que acompañounos durante toda a viaxe, explicounos todo o relacionado con este castro.
  Durante esta visita nos mollamos un pouquiño, xa que a choiva nos acompañou bastante rato.
  Comimos uns bocatas e saimos de novo.


   Fixemos un percorrido en bus, guiado, ata chegar a igrexa e mosteiro de Souto San Salvador.


  Daquí, leváronnos ao telesférico. A viaxe foi divertidísima, ainda que por momentos, pasamos un pouquiño de medo. Ao baixar do telesférico, caeu unha tromba de auga, pero pouco despois leváronnos a unha cafetería. Por fin estabamos a cuberto.
  Fixemos o retorno en telesférico e fumos ao Centro de Ciencia Viva, onde aprendimos moitas cousas de reciclaxe, robótica, ciencia en xeral.
  Despois desta visita, fumos para a Pousada da Xuventude, o noso aloxamento, onde ceamos, descansamos un pouquiño e leváronnos a dar un paseo por Guimaraes .

  Xa estamos de regreso na Pousada. Agora touca un pouco de festa e a durmir.

      Comeza o segundo día da nosa viaxe.
  Tomamos o almorzo, deixamos as habitacións recollidas e a nosas cousas no bus.
  Visitamos a área de rehabilitación de Couros.

  Despois viño a máis divertido para min, " A descoberta do Centro Histórico de Guimaraes".
  Dividímonos en grupos e fixemos unha competición, onde déronnos unhas preguntas, e tivemos que encontrar as respostas preguntando á xente do lugar. A xente foi amabilísima e colaboradora. "O pasei xenial".
  Rematou a visita a Guimaraes coa visita ao castelo onde contáronnos varios feitos históricos e curiosidades de Portugal.

 
  Xa para rematar, tivemos un ratiño para nos, xantar na Pousada e a viaxe de retorno.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN