Guimarâes



Guimarães


O día 1 de xuño, os alumnos de 3º da ESO visitamos Guimaraes, Portugal.

Tras unha longa viaxe chegamos ao castro de Citania, que foi o primeiro lugar que vistimos en Portugal. Alí nos acompañou o noso guía e ensinounos moitas cousas daquel lugar tan asombroso, como as muraias que protexían os castros dos enemigos e algunhas outras cousas,...

Ao finalizar esta visita dirixímonos cara a igrexa de Sao Salvador, pero por desgracia non puidemos visitala.

Máis tarde fumos a casa da ciencia onde, mostráronnos maneiras de reciclar, e aparellos de novas tecnoloxías, como os robots.

Despois, fumos ao teleférico onde puidemos observar unhas fascinantes vistas, unha vez enriba da montaña, aproveitamos para comer algo e descansar.

Ao rematar esta visita fomos cara o hotel, o que agradecimos xa que estábamos moi cansos. Despois de cear e descansar un pouco, leváronnos a dar unha pequena volta pola cidade.

Pola mañá, xantamos cedo e o noso guía propúxonos un xogo moi divertido, que consistía en ir preguntando a xente portuguesa unha serie de preguntas, así descubriamos a historia de Guimaraes dunha maneira máis divertida.

Para rematar a viaxe visitamos o Castelo de Guimaraes.

Finalmente, voltamos ao hotel para comer e marchamos de volta a Ferrol

















Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN