EXCURSIÓN A CELANOVA

Onte fixemos unha saída a Celanova (Ourense), partimos do instituto ás 8:30, foron entre 2h30mint e 3h.

Cando chegamos presentáronnos á nosa guía (Paula), a primeira visita foi ao Mosteiro de San Salvador tamén coñecido como San Rosendo chamado asi polo seu fundador. Dentro do mosteiro estaba a Capela de San Miguel importante por ser unha das máis antigas con influencia de arte mozárabe.
Máis tarde un muller explicou todo o principal do órgano e tocou unha composición dos ``Piratas do Caribe´´.

Ao saírmos camiñamos ata Casa dos Poetas onde cantamos o poema de Curros titulado `` O Maio´´ e vimos un video de animación do poema ``Nouturnio´´e a documentación  persoal de Curros, tamén contáronnos a pésima relación que el  tiña co seu pai. 

Como xa era hora fomos a xantar e tivemos un pouco de tempo libre.

Máis tarde visitamos o instituto, xa que a biblioteca estaba pechada, era moi grande pero había moi poucos alumnos sobre uns 600.


Finalmente leváronnos a Vilanova dos Infantes, alí vimos o museo dos zapateiros no que había unha cova. Por último visitamos a Torre do Homenaxe onde estaba a réplica da Virxe do Cristal.

Rematado isto subimos ao bus e comezamos o camiño de volta a Narón.






Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN