EXCURSIÓN GUIMARAES




O día 1 de xuño, partimos cara Guimaraes, a cidade onde "nasceu" Portugal. Foi unha longa viaxe en autobús pero mereceu a pena. Comezamos vendo a Citania Briteiros, un castro moi bonito, que un home, o que foi o noso guía durante a maior parte da excursión, nos explicou. Estaba situado  unha zona alta para espectar mellor as batallas e tiña un edificio maior, o concello. Un dato que me chamou a atención é que tiña un balneario, non para bañarse actaualmente claro, se non que era do tempo do castro. Comemos nun local de alí do castro, expostos á choiva, o que nos fastidiou bastante a verdade.
Voltamos ao bus e fomos a visitar unha igrexa que resultou que estaba cerrada. O guía explicounos un pouquiño, pero a experiencia sería mellor se poideramos entrar dentro. Voltamos de novo ao bus e por fin chegamos á cidade. Montamos no teleférico para subir á zona máis alta, unha das mellores experiencias debido ás espectaculares vistas das casas, a natureza... Habia moita xente que subia no teleferico coa bici e baixaba montando. Alí encontrábase o Parque da Penha, que non foi moi agradable debido ao mal tempo. Descansamos nunha cafetaría de alí e retomamos a visita. Visitamos máis tarde o Museo de Ciencia viva, situado nunhas casas antigas reformadas. Foi unha experiencia bastante chula xa que había aparellos moi interesants, como robots de lego con sensores para xogar ao futbol, para recoñecer as cores, xogar ao golf, un que seguía a luz... Máis tarde vismos unha máquina que reciclaba as botellas, triturabaas, comprimía ese plástico e facía cartas de plástico de recordo. Tamén había un lugar onde se simulaban comunicacións entre os distintos planetas e a lúa.
Alí ao lado xa se encontraba o noso albergue, onde dormimos aquela noite. Á tardiña demos unha volta pola cidade e deixaronnos descansar unha horiña. Ao día seguinte levantámonos moi cedo e fixemos unha actividade por grupos para ir descubrindo guimaraes e preguntandolle á xente cousas. Finalmente visitamos un castelo na parte alta do casco, descansamos e voltamos cara España. Foi unha boa experiencia e paseino moi ben.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!