Excursión a Guimarães
O día un de xuño os alumnos de 3º da eso emprendimos unha longa viaxe para chegar a Guimarães, Portugal.
Tras esta unha longa viaxe chegamos ao castro de Citania, alí as casas que se recollían no seu interior eran a maioría de pranta rectángular debido á influencia romana, pero tamén había casas de pranta circular.
Cando chegamos á cima do Castro encontrámonos cunhas vistas excepcionais, na cima tamén había unha pequeña igrexa e unha planta dunha gran construcción que se correspondía coa planta do antigo concello do Castro.
Ao finalizar a visita ao Castro dirixímonos cara a igrexa de Sao Salvador, pero por circunstancias non puidemos visitala.
Despois fumos á casa da ciencia onde amosáronnos máquinas de reciclaxe e aparellos relacionados coas novas tecnoloxías, entre eles diversos robots.
Finalizada a visita dirixímonos cara o teleférico onde puidemos disfrutar de agradables vistas, na montaña estivemos nun mirador e aproveitamos para comer algo.
Moi cansos dirixímonos ao hotel e despois da cea aproveitamos para dar un paseo pola cidade. Ademáis as casas estaban iluminadas con motivo de festexo o que as fixo todavía máis bonitas pola noite.
No hotel disfrutamos moito todos xuntos, foi unha parte moi bonita da viaxe. Pola mañá xantamos cedo e o noso guía propúxonos facer un xogo pola cidade para coñecer os diversos monumentos e un pouco a súa historia. Para responder ás preguntas do xogo falamos con persoas que vivían alí, e grazas a iso coñecimos a moita xente. foi unha experiencia única.
Para rematar a viaxe visitamos o Castelo de Guimarães que pareceume precioso, este contaba con varias plantas e estaba reformado.
Concluída esta última visita voltamos para Galicia. Esta viaxe foi única, aprendimos moitísimos e disfrutamos todos xuntos, foi unha experiencia inolvidable que tiven a sorte de compartir cos meus compañeiros.
Comentarios
Publicar un comentario