Excursión a Coruña

Excursión a Coruña 

  Teño que admitir que cando nos dixeron de facer esta excursión, o único que animoume a ir foi a idea de ver a exposición de Lita. 
  Nunca pensei que podería atopar arquitectura interesante nun cemiterio. A verdad é que houbo panteóns que gustaronme e tamén algunha historia interesante coma a de Juanito Darriba. 
  A experiencia en si, non foi negativa coma pensaba que ía ser, de non tropezar cun señor que estaba visitando a un difunto, bastante molesto pola nosa culpa e por comentarios que fixo. 
  Tras isto, fumos á Real Academia Galega, dende meu punto de vista, unha visita innecesaria, que estaba na casa que donara Emilia Pardo Bazán. 
  A verdade é que non podo opinar positivamente da charla nin da Casa Museo, porque o guía conseguíu que desconectase e que o tempo fora eterno. 
  E despois disto fumos por fin ó Museo de Arte Contemporáneo. Ao principio estivemos incómodos comendo por non poder saír a fora a comer, pero isto olvidouseme cando empezamos a visita. 
  A exposición de Lita fascinoume. Non teño palabras para dicir o que conseguiu espertar en min as súas obras, a súa vida... Cada detalle que nos daban da súa vida, cada obra que vía dela, conseguía  marabillarme, e  pode ser que despois de ver esa exposición, non soubera valorar a fotografía de Pablo Genovés, que non podo dicir que non me gustaba, pero non me entusiasmou da mesma maneira. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN