EXCURSIÓN CORUÑA
O dia 9 de xaneiro fixemos unha excursión a Coruña, onde visitamos o cemiterio de San Amaro, a Real Academia Galega, e o Museo de Arte Contemporáneo. Comezamos co cemiterio, moi coñecido xa que aí encontranse tumbas de famosos personaxes como Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, e moitos mais. A que máis me chamou a atención foi unha dun neno que salvou a unha muller na praia, arriesgando a súa vida. Destacaban tamén todas as esculturas dos maousoleos e tumbas.
Seguimos coa visita e achegámonos á Real Academia Galega, onde un home un tanto aburrido, explicounos os presidentes que tivera, que se facía alí, etc. Quizáis a parte máis aburrida foi a seguinte, a casa-museo Emilia Pardo Bazán, que pola pesadez do home tivémonos que marchar pola metade do descurso xa que o bus tiña que marchar cara o museo.
Chegados unha vez ao museo, comimos nunha sala e fomos á exposición dePablo Xenovés, con espectaculares obras nas que añadía un fenómeno atmosférico dentro dun edificio. Polo menos alí o home que nos explicaba era algo mais ameno. Seguimos coa mellor parte da excursión, a exposición de Lita Cabellut, con impresionantes obras feitas de diversas cousas. Impresionábame a imaxinación que tiña para facer as obras. A que máis me gustou foi unha na que simulaba o seu taller de pintura, todo grafiteado e feito pó, pero á vez maxestuoso. Alí rematou a nosa excursión a Coruña do día 9 de Xaneiro.
Comentarios
Publicar un comentario