EXCURSIÓN CELANOVA

O día 22 de maio visitamos Celanova, una vila marcada e remaracada pola historia galega e un lugar de gran importancia literaria no que naceon e viviron figuras tan representativas como Curros, Celso Emilio Ferreiro...
Visitamos en primeiro lugar o Mosteiro de San Salvador, alí coñecido como San Rosendo tan grande que no seu interior encóntrase o concello, un colexio e a mesma igrexa. A grandeza das douradas esculuras barrocas do su interior é practicamente indescriptible. Un tempo despois unha muller falounos do órgano é o seu funcionamento e nos deu un impresionante concerto co do mosteiro. Tras a espectacular actuación do órgano mostráronnos a capela tan peculiar que había aló, a cal estaba construida de forma inclinada para que nos equinoccios, a luz pase perfectamente por un burato na parede da capela e saia pefectamente por outro no lado oposto.
Despois de estar un rato con tempo libre e recorrer aquelas bonitas rúas fumos á casa de Curros, alí nos explicaron a súa traxectoria, a súa obra pero sobre todo, a súa complicada vida. Contáronnos como o seu pai era unha mala persoa, é chegou a denunciálo e a pegarlle.
Finalmente visitamos unha torre con  impresionantes vistas que formaba parte dun antigo castelo nunha vila na que agora non habitan moito máis de cen habitantes, ata teñen un grupo musical en conxunto!






.


Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!