Excursión a A Coruña

Fai varias semanas realizamos unha visita a Coruña, nela déronnos a coñecer a figura de Emília Pardo no museo da RAG, visitamos o cemiterio de San Amaro e o Museo de Arte Contemporánea onde nos mostraron as exposicións artísticas de dous artistas: Lita Cabellut e Pablo Genovés


Visita ao cemiterio de San Amaro
O mal tempo non nos impediu  disfrutar das curiosas tumbas que se atopaban neste e como da increíble distribución.
Había tumbas de distintos tipos, predominaban os nichos pero podíamos ver moitas tumbas no chan. O cemiterio estaba organizado por rúas e os panteóns atopábanse xuntos.
O que mais me chamou a atención foi unha tumba que daba paso ao subsolo.
En definitiva for unha visita didáctica e divertida.


Visita á real academia galega
Alí amosáronnos o lugar onde levábanse a cabo as decisión da RAG, tamén coñecimos a algúns membros que participan sobre esas decisóns e amosáronnos algúns dos antiguos presidentes desta institución.
Noutra planta do edificio atópase a casa museo de Emília Pardo. Nesta estancia contáronnos a vida desta muller e puidemos aprezar mobles moi antigos e tapices moi ven conservados.


Visita ao MAC


A primeira exposición era de Pablo Genovés e consistía nun conxunto de fotografías editadas coidadosamente na que se podían observar un collage entre un espazo interior e un fenómeno meteorolóxico. A forma de presentar a exposición for a seguinte: primeiro presentouse o principio despois o final e por último o durante. Gustoume moito, sobretodo a orde na que se presentou a exposición.

A segunda exposición era da artista Lita Cabellut, esta era unha exposición máis colorida, predominaba o retrato de persoas, pero tamén había alguna que outra escultura como a dunha árbore de cor rosa. Outra peza que formaba parte da exosición era o estudio onde ela traballaba, pareceume moi orixinal. 

Grazas a esta visita puidemos comprender moitos valores relacionados co mundo artístico, estivo xenial.


























Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!