VISITA A CORUÑA

O pasado 30 de xaneiro de 2018 os alumnos do IES Terra de Trasancos fumos de excursión a  Coruña. Según chegamos, dirixímonos ao cemiterio de San Amaro, onde puidemos ver as tumbas de moita xente relevante, como Manuel de Murguía.Chamoume especialmente a atención unha tumba dun neno, que perdeu a súa vida intentando salvar a dunha bañista. Logo, fumos á Real Academia Galega, alí introducíronnos un pouco na vida de Emilia Pardo Bazán e mostráronnos alguns presidentes e xente importante da RAG a través da historia. Tras esa breve visita, dirixímonos á exposición de arte de Lita Cabellut e a de Pablo Genovés. Ambas exposición encantáronme, a primeira chamoume verdadeiramente a antención debido a que todos os seus cadros tiñan unas grietas moi peculiares. Esa era a súa firma. Según íamos cambaindo de sala, gustábanme máis as súas obras, tiñan unha gran expresividade e eran retratos moi ben feitos. A exposición de Pablo Xenovés tamén foi boísima. Sumerxímonos nun mundo de fotografías en branco e negro. Eran impresionantes e, ademáis, notabase que había moitas horas de traballo detrás de cada unha delas. Puidemos aprender moito e foi un viaxe que realmente me gustou, aínda que o cemiterio sexa un lugar un pouco triste, aprendimos e coñecimos as tumbas de xente importante e introducímonos un pouco no mundo do arte e da RAG, obserando esas maravillosas exposicións e acudindo a unha charla moi interesante.










Comentarios

Entradas populares de este blog

GUIÓN PARA O VÍDEO DA MANSIÓN DOS PAMPÍN

... CÁMARA...ACCIÓN!!!!